
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2008.
|
Si, parecen unhas fermosas fotos. Aínda me atrevería a dicir que son unhas fotos impactantes. Si, impactantes como a dun coitelo tinxido de sangue bermella aínda quente,despois dun asesinato.
Unha verdadeira puñalada trapeira ao corazón da terra.
¿Ata cando tan grande sangría...?
"Agora temos na xunta, en medio ambiente, xente que polo menos ten escrúpulos e non son liquidadores de paisaxe. Mais o capitalismo impaciente anda doente detrás do negocio enerxético. Aí fixéronse e fanse reis Midas coa Nai Terra. Eses si que son galeguistas, carallo! Eses si que aman a terra e non outros. Unha cousa é facer un poema ao Xallas e outra ben diferente ter collóns a zugarlle o último electrón...." (Manuel O´Rivas en OS GROUCHOS)
Unha das cousas máis malas de dixerir cando me acheguei por proimeira vez ao encoro da minha parroquia foi o seu silenzo. Un tremendo vacío que me fixo un nó na gorxa. Alí, onde onte baixaba un río cheo de vida e cantareiro, hoxe só hai unha poza de auga choca...
Agora, nos libros de texto, ademais de que o río Amazonas é máis caudaloso do mundo tamén terán que poñer que o Ulla é o máis "escandaloso"
Aquela mañá, aínda na cama, xa estremecera de sensacións. O corpo, sen querer, ía preparandose para o día grande da festa. Mesmo podía percibir como unhas cantidades indefinidas de bilis xa ían acumulando na visícula para intervir no caso dun atracón.
Eu percibía que algo descoñecido estaba facendo non sei que. Eran unhas forzas sobrenaturais as que turraban de min para levitar o meu corpo no ar e porme deseguida en pé. Abrín as contras da ventá, aínda era de noite, chovía...pero eu sentía a necesidade de liberarme daqueles pesadelos que me atrapaban na desesperación.
Pechaba os ollos e escoitaba no inconsciente o bravido do mar e o ruído das olas bater contra as polainas dos pescadores na procura do polvo para o grande banquete da minha felicidade. O vapor das potas de cobre xa chegaban á min, o mesmo que o cheiro á pólvora . Todo elo enchéndome de razón.
... E que para certas cousas, sempre se precisa de moita devoción










Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras y los Premios Bitácoras.com 2012 (medio oficial RTVE.es)