Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2008.

aS SoRTeS
... de poder bebelo

IMG_4929

ZooM

Un dos últimos viños incorporados ao minha carta foi "AS SORTES ". Un Valdeorras para disfrutar da comuñon do corpo e da terra nun tempo dourado. O nome ben parece facer referencia as sortes de poder pagalo ou as sortes de poder atopalo. O seu prezo, uns cuarenta euros en restaurantes xa o enmarca nesa fronteira do proibido, sen esquencer a súa limitada colleita e que unha boa parte ten destiño EEUU.

Un dos mellores viños blancos do mundo bendecido pola xenerosidade dunha uva maxestuosa como é a godello , unha terra privilexiada polo tesouros que se esconden debaixo da tona da terra e todo elo arroupado por un microclima unico en Galiza  que convirten esta denominación de orixe nun paraiso terrenal  de Baco. E se lle sumamos o virtuosismo duns artesanos como é a familia Palacios , pouco máis que contar

Neste caso, ao contrario do común, imos deixar un prato para acompañar un vino :-)

 

LoMo de PeSCaDa con un PiSTo de VeRDuRaS e CaNGReXo de Río


 

Merluza con pisto de verduras y cangrexo de río

ZooM

 

Etiquetas: ,

01/03/2008 12:31 dorvisou #enlace. NA LAREIRA Hay 3 comentarios.

CoMiGo MeSMo...

Churrería

Deixoumo escrito fai uns días un mestre " que debería traballar nunha temática e non sair de aí". Algo como, reconstruir con certo criterio e orde o meu cuarto escuro. E coido que ten razón porque pensandoo un pouco, agora, cando xa me quedan poucos sacramentos que cumprir, teño a sensación de que aínda non rematei o álbum da primeira comuñón. Como se di popularmente "ando mamando na rolla de atrás".

Terei que buscar alimento para o meu espíritu máis alá da propia nitidez ou espello das cousas. Intentarei penetrar na trastenda da alma para fotografiar con poesía o mundo dos soños. Esgazarei roupas e as carnes nas silveiras dos camiños trepando rocas e valados, se fai falla, para reinventar a festa.

Por intentalo que non sexa, xa teño ganas de sentarme a falar con ese artista que disque levo dentro :-)

 


 

Etiquetas: , ,

02/03/2008 11:12 dorvisou #enlace. Ecce Home Hay 3 comentarios.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

ViSióNS Do MuNDo...

Caminho dourado

ZooM

Así ven o mundo as cucarachas, as formigas e os borrachos... dende o chan.

Etiquetas: ,

03/03/2008 12:50 dorvisou #enlace. Contrastes Hay 3 comentarios.

La NiÑa... de Paco Penas

Foto 1

ZooM

Aproveitando o espazo en branco que me presenta hoxe este post e tamén a coyuntura socio-política do momento quero presentarvos a minha nena

Un nena que naceu en Galiza e que "vive como galega" en Canarias, como tantos outros nenos. Ten uns pais bastante "normales" con traballo e tamén ten unha casa para rematar de pagar a hipoteca cando quede orfa.

A minha nena vai a un colexio bilingüe para que fale con máis naturalidade outros idiomas, para que sexa disciplinada e ordenada nas súas tarefas , para que sexa educada e non maltrate aos os seus pais cando sexan vellos e como non, tamén para ser respectuosa co medio e non andar a patadas co mobiliario urbano.

Cando sexa maior quere estudar unha carreira para pasearse con minifalda e fachenda polas portas dos distintos organismos na procura dun traballo . A rapaza está orgullosa de ter unha baby-sister de Finlandia, uns veciños gay, uns arxentinos e outros ingleses. Non fixo aínda a primeira comuñon pero tanto da...porque xoga ao baloncesto e ao tenis que nindiola...

Grazas a Rajoi por darme a oportunidade de presentar en sociedade a familia, onte foi o meu primo. e hoxe a minha nena... espero que siga moitos anos na oposición para falar tamén dun cento de primos , do outro neno e da minha compañeira.

Etiquetas: ,

04/03/2008 11:39 dorvisou #enlace. Ecce Home Hay 11 comentarios.

BaiLaNDo NuN CRiBo...

DSC02577

Non son un home que me lembre moito dos soños consumados, non son dos que lle poñen tino...mais acabo de regresar dun que aínda teño morno e vouno intentar debullar cunhas cantas palabras prestadas.

"Coido que estábamos nun concurso e tíñamos unha morea de cousas acima dunha mesa, pero deseguida cada quen facendo gala da súa cobiza humana, arramparon con todo deixando a este parvo da aldea sen nada.

Ollando unha rapaza que vertía por fora das cousas todas xuntas que pillara, escomencei a berrar chamándolle de todo canto malo se pode dicir do ser humano. Despois, arrepentido, refuxieime nun cuarto, tomei un gin-tonic e decidin fuxir do lugar. Cando xa me ía, abreuse a porta e un desfile de miradas distantes e indiferentes deixáronme de pedra.

Ao final, apareceu aquela rapaza que fora victima do meu xenio e como non tiña nada máis que perder, acerqueime a ela para pedirlle desculpas sen esperar nen que me escoitara como é costume na nosa estirpe.

¡ Ou, mais cal sería a minha sorpresa! ...cando levantou os brazos para abrazarme e con certa docilidade susurrarme nos ouvidos:

"Que grandes valores atesouramos e que pouco avanzamos no camiño"

 

10/03/2008 12:13 dorvisou #enlace. Ecce Home Hay 2 comentarios.

iNTeRaCTuaNDo...

 

 

Xogando, moitas veces aínda non podo entender as cousas doutro xeito, atopei con este windows movie maker para fedellar coas imaxes.

Aquí vos deixo os meus primeiros traballos adicados a sempre benquerida SOLAINA DE PILOÑO . Neste video podemos vela rapaza do arco co decano da filloa de Merza, Xosé Molina nunha demostración da arte na Lareira.

Etiquetas: ,

14/03/2008 12:36 dorvisou #enlace. NA LAREIRA Hay 2 comentarios.

Ao aMiGo... Locus amoenus



Etiquetas: , ,

25/03/2008 04:53 dorvisou #enlace. SeMeNTe Da TeRRa No hay comentarios. Comentar.

RaMóN DoMíNGueZ



Para hacerte feliz vamos a construir un planeta
en el que, para poder crecer no hay que hacerse mayor.
No hay que hacerse mayor, que hay que hacerse mejorrrrrrr.


Ramón Domínguez (Los Cristianos 1980), cantautor, fotógrafo, bohemio...acaba de presentar o seu segundo traballo discográfico. Ramón, no seu afán por demostrar que o sur tamén existe e que dalgún xeito é un povo con inquietudes que van máis alá das sombrelas, das praias e do sol, loita na procura dunha maior identidade para o seu povo. Los Cristianos , Arona, un povo de mariñeiros atrapado hoxe pola voracidade da industria do turismo e sometido aos devaneos do capitalismo.
Os cantautores comprometidos co destiño do home son coma eses anxos da garda na cama para velar da nosa utopía, dos nosos soños...A súa poesia é un bálsamo para o noso enfermizo espíritu.
Grazas Ramón , por ese lindo despertar AL SOL...

Etiquetas: , ,

27/03/2008 11:31 dorvisou #enlace. SeMeNTe Da TeRRa No hay comentarios. Comentar.




DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras y los Premios Bitácoras.com 2012 (medio oficial RTVE.es)

Contrato Coloriuris