Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2008.

O Día aNTeS...

IMG_3406

ZooM

O home é conscente de que nace sen o seu consentimento e morre en contra da súa vontade... Erich Fromm

 

Fai pouco máis dun mes, preguntáballe a minha nai como afrontaba a viaxe a Tenerife despois da catástrofe de Madrid e contestoume toda chea de razón

-" Bueno ho, eu vouche ben tranquila que morrer, mórrechese só unha vez…"

¡E menos mal, quedei eu cismando…

Tamén é verdade que, a certas idades, xa escomenza un a ter a sensación de que se vai morrendo un pouco cada día ao espertar.

E agora, despois dun mes ausente deste recuncho, ímos intentar darlle candea ao meme "do día antes" que ven sendo o mesmo que " o derradeiro día", que chegou vía Pedriño

1. ¿Que canción me gustaría escoitar ?

Negra Sombra, interpretada pola banda de Pontelesma ou de Vilatuxe na carballeira do Corpiño. Eso si, deitado peito arriba para irme xa perderme antre a ramaxe dos carballos.

2.¿A que libro lle botaría unha ollada ?

Pois, como me propuxen lela antes de morrer e van alá dous intentos en vao, anque sexa só botarlle unha ollada , a Divina Comedia de Dante.

3. ¿Con quen me gustaría falar ?

Falar falar, non sei... pero bicos e abrazos de agradecemento moitos daría...

4. ¿ Que me gustaría comer?

Gustaríame comer sopas de cabalo cansado, como as que comía meu avó,Penas o grande de Dorviou, pero feitas con Dalmau

5.¿Que faría e que me quedaría pendente por facer?

Eu faría un bon seguro de vida e atracaría catro ou cinco bancos ( si catro ou cinco, porque cos tempos que corren...)

E en canto as cousas que quedararían por facer, pois tendo en conta que son as 23:20 da noite, quedaríame a cidade da cultura de Gaias sen rematar :-)

Este meme fíxome reflexionar sobor da xente con enfermidades incurables e que teñen que afrontar a vida con ese sentir. Para esa xente, si que non hai un día sin importancia.

 

 

 

 

 

 

 

09/10/2008 00:24 dorvisou #enlace. Ecce Home Hay 8 comentarios.

O CoÑaZo de...


IMG_0409

ZooM

¿Crise? ¿Que crise?, o que hai é moito vicio... espetoulle hoxe pola mañán un xubilado a outro, na praza dos Cristianos, nesa profunda análise que fan cada mañán da realidade social.

E a verdade é que, case podo sacar máis conclusións do retroceso económico escoitando falar a xente na rúa que escoitando falar aos políticos ou mesmo aos analistas do mundo. Xa facía moito tempo que a clase obreira se decatara de que algo cheiraba mal e non cadraban as contas . No fondo, a sensibilidade do pobre nunca está tan contaminada como a do rico e os seus instintos pola supervivencia sempre se adiantan aos acontecementos que nos meten polos ollos nos telexornais.

Hai crise, sempre houbo crise. Hoxe falamos de crise económica pero non podemos esquencer que xa fai moito que hai unha grande crise de ideas.

Eu mesmo, dende que atopei esta frase de Ortega y Gasset, xa non penso, só me deixo levar...

 

12/10/2008 03:13 dorvisou #enlace. Ecce Home Hay 2 comentarios.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

JHaSTaNDo JoMa

Eu sabía que as cousas andaban mal, pero tan mal, tan mal non o sabía...

Mentras viva non esquencerei aquela tarde de Domingo na Solaina de Piloño. Remataba a sexta forxa literaria, un recital músico-poético pechaba aquelas actividades enmarcadas nos encontros culturais no rural. Celsiño, Antía Otero, Carlos Negro, Raul Gómez, María Lado, Vázquez Pintor, Martín Marticorena, Emilio Ínsua, Jorge garcía Porral entre outros, fixeron tremar o ceu e a terra coa súa arte. Alí estábamos os incondicionais da fundación, entre sesenta ou setenta persoas, algúns nenos e xa puretas ou nas portas de selo, pero ningún rapaz antre dazaseis e vinteecinco.

Un pouco máis tarde, despois da degustación que non brindou Xosé Molina (Decano do centro de estudios da Filloa de Merza) baixei cuns amigos cara á Ponteledesma e a poucos metros no SAMBAR, lugar de encontro de mozos e mozas da comarca, había unha marea de rapaces xa borrachos perdidos no lusco-fusco da vida. Rapaces que tamén podían disfrutar dunha tarde de poesía, de música e despois beber ata caer de cú, ou non?

Pero bueno...sei, porque tamén fun e aínda son "novo", que a ninguén se lle vai facer ver máis luz da que leva dentro, mais algún sentimento de culpa ten que aflorar de nós mesmos, sabendo que somos pais, cando a nosa xuventude ten que limitarse só a beber para divertirse e pasar as tardes do Domingo. E todo isto ben a conto deste video, que me chegou aos ollos vía Moure, dunha xente da minha comarca  facendo animaladas e poñendo en rísco a vida doutros.

(Xa sei que máis dun dirá, Xente de Lalín, xente ruín...)

A Manuel Lugrís non lle faltaba razón naqueles versos que decían:

"Que estou vello...

Xa quixeran moitos mozos sentir

as arelas de gloria

que se agochan en min"

 

 

13/10/2008 22:35 dorvisou #enlace. Ecce Home Hay 8 comentarios.

TaBeRNa PaRa uN aMiGo

IMG_1688

ZooM

Taberneiro: e a onde vas?

Rod Cameron: quen sabe !

Taberneiro: Un bonito lugar, coñézoo !

Rod Cameron : pois eu aínda non, paisano. (Do filme A Dona Da Fronteira)

Non é doado atopar tan poucas palabras que resuman tan ben a minha alma de taberneiro.

Falei xa hai un tempo desas estranhas sensación que teño de haber estado paseando algunha vez polos xardíns de Versalles, navegando nunha góndola polos canales de Venecia ou mesmo sentado no rísco dun penedo nos fiordos noruegos.

Ser Taberneiro é un privilexio. Os taberneiros, somos polo xeral, xente de grande sabedoria popular e amplos coñecementos de cultura xeral. Os taberneiros antes de abrir as portas do local repasamos a cotización da bolsa, política internacional e últimas novidades no mundo do deporte. As nosas primeiras interlocucións son tímidas e vacilantes, pero ao longo da mañán xa van tomando consistencia e credibilidade para rematar, pola tarde sendo do máis convincente.

O taberneiro sempre canta a mesma canción, só cambia o estribillo, porque sabe que non hai dous clientes que se parezan. Un chega e pide unha cervexa, acende un pitillo e baixa a mirada para perderse antre o lixo das colillas e os papeis dos azucarillos, mentras cavila en si mesmo. Outros, chegan, piden un viño e buscan a calor das palabras amigas, por non andar nen tansiquera con eles mesmos.

Os taberneiros somos xente de criterio, sempre falamos de cuestións de estado con políticos, xuices e abogados. De sanidade con doutores e especialistas, da violencia de xénero cos taxistas e de putas cos proxenetas...

Do que non falamos case nunca, eso si, por non ter con quen facelo é do medio ambente.

Adicado a un home grande e xeneroso que nos abandonou para sempre. Ao meu amigo Garzón Blanco que se foi sen contarme o derradeiro chiste nen beber da minha vindeira queimada.

Hoxe, lonxe da terra hai festa...

 

20/10/2008 11:43 dorvisou #enlace. Ecce Home Hay 8 comentarios.




DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras y los Premios Bitácoras.com 2012 (medio oficial RTVE.es)

Contrato Coloriuris