O Mesón Restaurante " o pote " de Piloño é un dos meus referentes gastronómicos. Unha casa onde, ademais de reanimar corpos debilitados, reconfortan o autoestima e aguilloan o instinto da amistade.
Eu, cando chego a Piloño xa teño fame. Unha fame de raras sensacións. Os poros da pel ensanchan a minha felicidade facendo de sumidoiro cara aos sentidos. Se chove, chove, se fai sol, fai sol...
Peixe da ría e marisco do cortello, leitugas e cenorias da súa horta, filloas recheas de melindres e tentadores viños de pecadores bacelos. Cociña tradicional feita con ideas modernas.
Máis unha dos grandes tesouros que acaudala este facenda reside na nobleza humana de quen o goberna. Fai uns cantos anos forón Luis e María quen poñeron a primeira pedra do santuario. Na hora da comida, María metíase na cociña e luis, lito na man, servía con certa maestría. Despois, nas horas mortas, carretilla, pedra e cemento...
Hoxe, é X. Luis e Maribel quenes están ao frente do negociado. Xuventude, profesionalismo, ilusión, moito traballo...ingredientes suficientes que fixeron florecer, nesta terra de Piloño, outro oasis no deserto
Asi que xa sabes, antes de ir ao médico, proba coas recetas do mesón " O POTE" e chama ó 986 56 61 08 para pedir cita.
Para chegar podes facelo desde Santiago por Boqueixón, Ponteledesma, Camanzo...
Desde Lalín por Vila de Cruces...ou por Silleda a Vila de Cruces...ou A Bandeira, merza...
Desde Arzua cara á Dombodán, Portodemouros, Carbía...
Está claro que un blog precisa de continuidade para manterse vivo, aparte de certo criterio para transmitir ondas de ledicia polo espazo. No meu caso chamaríalle transmisións afectivas porque desde esta cova e con esta chola tampouco se pode abrir o cancelo do intelecto a ninguén. Como moito roubarlle un sorriso a alguén, que tampouco é unha vagatela :-)
Facer rir é un acto dos máis xenerosos na terra anque sempre corra un o rísco de facer o parvo.
Sexa como sexa, eu hoxe só quería falar de política pero como minha quere ir outra vez a praia, deixovos a foto e voume con ela. De política e do goberno, sempre se pode falar mañá...