Xa o dixo Pessoa, que todas as criaturas que escribian cartas de amor eran ridículas... pero referíase, penso eu, aos máis xóvenes, aos que escriben só co corazón e sen cabeza.

Querida naiciña:
hoxe é o teu primeiro día co novo "contakilómetros". Nuns días xa estarás en Dorvisou para bater a marca dos cen metros que é o que hai dende a eira ata o cabo da Horta.
Tamén desexo que recuperes decontado eses folgos para voar a Tenerife e voltar a pasear pola praia das vistas, e como non, para bañarte anque sexa agarrada da minha man ou da corda que sirve de amarre para lanchiñas de pedales. E que conste, unha vez máis, que cando che pedin que soltaras os pes, non te quixen afogar. Só quería que sentiras a libertadade do corpo no espazo, o mesmo que fan astronautas na lúa, que flotaras..., pero ti erre que erre só pensabas en bucear, jeje
¡Ai, e aquela señora venezolana..! volverá a soñar con amorosos romances doutras primaveiras cando non vexa outra vez pasear agarrados da man e con aloumiños. Foi unha pena que lle contaras que eu non era o teu marido, ¡ boba, así ela rabeaba e ti presumías...!
Bueno, mamá, teño moitas cousas para contarche que ti aínda non sabes pero xa teño que ir a traballar. Contareichas outro día, nunha lareira a luz dun candil de aceite das sardiñas, ou se queres polo facebook...
¡conéctate muller!