Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2009.

TaNTo DaS, TaNTo VaLeS...
Soñando cun mundo máis solidario.

IMG_8293

ZooM

"Se hai tanta comida, por que hai bebes que choran 
e por que se somos tantos, moita xente segue soa"

( Nach )

IMG_8276-1

ZooM

01/06/2009 12:10 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Contrastes Hay 7 comentarios.

RaMóN DoMíNGueZ...
que según contan, cando deus fixo a luz, el xa debía catro recibos a UNELCO.

Posiblemente ninguén os chamen para representar a  España no festival de eurovisión, pero tampouco lles importa moito, nin eurovisión, nin tansiquera España.

Viven na Maraconesia,  nun archipiélago, son canarios....

 

 

 

 

06/06/2009 03:45 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home No hay comentarios. Comentar.

DeCePCioNaDo...

DSC01482

ZooM

DECEPCIONADO, e non porque fose a votar máis xente da que pensaba. DECEPCIONADO,  por ese coto privado no que se está a convertir o noso mapa político,  onde  sempre están os mesmos, onde non hai caras novas que alimenten a nosa esperanza. DECEPCIONADO, porque nen xuntándose catro gatos, somos capaces de sacar dous deputados...

E ao final, DECEPCIONADO,  porque tristemente vai ser certo o que dixo algún político "cómpre que desaparezan as culturas nacionais, obstáculo para a integración harmoniosa da humanidade..."

¡Hai que foderse!.

Ao monte, meus... que non nos queda outra

¡Saúde e terra!

 

DSC01483

ZooM

08/06/2009 11:38 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 5 comentarios.

SoMoS PoeTaS DaS eSeNCiaS e DoS aRoMaS...
Non somos traficantes de alimentos :-(

IMG_1171

ZooM

Taberneiro: e a onde vas?

 

Rod Cameron: quen sabe !

Taberneiro: Un bonito lugar, coñézoo !

Rod Cameron : pois eu aínda non, paisano. (Do filme A Dona Da Fronteira)

Non é doado atopar tan poucas palabras que resuman tan ben a minha alma de taberneiro.

Falei xa hai un tempo desas estranhas sensación que teño de haber estado paseando algunha vez polos xardíns de Versalles, navegando nunha góndola polos canales de Venecia ou mesmo sentado no rísco dun penedo nos fiordos noruegos.

Ser Taberneiro é un privilexio. Os taberneiros, somos polo xeral, xente de grande sabedoria popular e amplos coñecementos de cultura xeral. Os taberneiros antes de abrir as portas do local repasamos a cotización da bolsa, política internacional e últimas novidades no mundo do deporte. As nosas primeiras interlocucións son tímidas e vacilantes, pero ao longo da mañán xa van tomando consistencia e credibilidade para rematar, pola tarde sendo do máis convincente.

O taberneiro sempre canta a mesma canción, só cambia o estribillo, porque sabe que non hai dous clientes que se parezan. Un chega e pide unha cervexa, acende un pitillo e baixa a mirada para perderse antre o lixo das colillas e os papeis dos azucarillos, mentras cavila en si mesmo. Outros, chegan, piden un viño e buscan a calor das palabras amigas, por non andar nen tansiquera con eles mesmos.

Os taberneiros somos xente de criterio, sempre falamos de cuestións de estado con políticos, xuices e abogados. De sanidade con doutores e especialistas, da violencia de xénero cos taxistas e de putas cos proxenetas...

Do que non falamos case nunca, eso si, por non ter con quen facelo é do medio ambente.

 

No mundo da hostelería, a relación co cliente vai sempre un pouco máis alá do clásico protocolo. O escenario é un negocio como moitos outros, pero a situación persoal do cliente é case sempre moito máis relaxante e cómoda que noutras actividades.

Aínda así, tamén se dan moitas anédoctas onde os malos xeitos e situacións tensas están a fror da pel.  Pero hoxe só quero falar da gratitude, desa xente que día a día viven empeñados en demostrarche, xesto a xesto, palabra a palabra, que son amigos denantes que clientes.

E son eses amigos, que comen e pagan o que comen, quen tamén pagan os estudos dos meus fillos. Amigos que me pagan a hipoteca e mesmo enchen a nevera. Amigos, que aínda todo lles parece pouco e  deixan propina.

Meus amigos...

 

 

Ao amigo Enrique Beotas, por cargar como un burro *(1), por ser home de palabra  e por demostrarlle ao mundo que se pode ser galego aínda nacendo en Avila.

*1(Iso é o que fixo fai un días cando chegou ao meu restaurante cos dous últimos exemplares de Galicia, Sexta Provincia)

DSC01393

Paco Penas, Enrique Beotas y Jushef...

ZooM

12/06/2009 02:05 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 4 comentarios.

EXoDoS...

IMG_1183

ZooM

Exodos, algo máis que un libro de fotografías. Sebastiâo Salgado,  algo máis que un fotógrafo....

Como di Eduardo Galeano "El é un artista: un home que ve e vendo axúdanos a ver. Nesta monumental obra de arte, Salgado descubre e revela o mundo do fin do milenio: velaquí esta gran odisea do noso tempo, esta viaxe con máis náufragos que navegantes». Eduardo Galeano.

 

Gracias, amigos de Caixanova por este agasallo, unha xoia que coidarei con mimos.

(Aquela persoa que non se conmova con este grande documental do mestre, será que está feito do mesmo material que Risto Meijide)

15/06/2009 19:00 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Contrastes No hay comentarios. Comentar.

MaDe iN CaNaRiaS...

IMG_1188-1

ZooM

IMG_1229

ZooM

IMG_1249

ZooM

Sendo eu un cativo, cando minha nai vendía ben os repolos na feira do catro e compraba plátanos, xa soñaba  con vivir en Canarias :-)

 

15/06/2009 19:36 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 2 comentarios.

A SaNTiaGo Vou...

IMG_1215-1

ZooM

O luns fixen arredor dos quince kms cargando unha mochila de nove kilos e as sensacións non son moi boas.  Sen mochila, as baixadas son proporcionales as subidas pero coa mochila ao lombo os kms parece que teñen máis de mil metros. Coa mochila a resistencia aerodinámica é maior, gañas en aderência ao chan pero botas de menos o kers, jeje

Mais aínda así,  quero confiar que o camiño de Santiago sexa o mellor entrenamento para o propio camiño.

Bueno, ao final, como todos, un vai a camiñar, a disfrutar da natureza, sen esperar grandes milagros pero sempre coa esperanza de ver unha luz que che sirva de guía, que che de forzas para chegar a Compostela e dar grazas ao patrón.

Xa contarei...

IMG_1225

ZooM

17/06/2009 11:06 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 8 comentarios.



DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros